jueves, 29 de junio de 2017

Nota Informativa Merendas



NOTA INFORMATIVA

MAÑAS DE CAMPAMENTO

Asunto: MERENDAS

Estimados/as país, nais e titores:

Dende Hebe Sport (departamento de Ocio Educativo) queremos entregar esta nota para aclarar o tema das merendas co fin de non xerar dúbidas nen confunsións e que teñades por escrito a información necesaria a este respecto.

Como se comentou na reunión, a empresa terá a disposición dos/as participantes, todos os días que duren os campamentos, unha merenda de media mañá que consistirá en 1 alimento que pode variar ao longo das semanas (galletas, biscoitos, zume,  1 peza de froita…). Este merenda darana, diariamente, os/as monitores/as no descanso entre as actividades (con carácter xeral sobre as 11:30 horas).

Esto non implica, que os/as participantes podan levar, se así o consideran, a súa propia merenda.

Estamos a vosa disposición para solucionar calquera dúbida nos centros educativos onde se realizan os campamentos e no teléfono 658695502 de luns a venres de 8:30 a 16:00 horas.

Desculpade as molestias ocasionadas. Un cordial saúdo



O prometido e débeda! Fotos dos carteis













miércoles, 28 de junio de 2017

COMEZARON AS MAÑÁS DE CAMPAMENTO DE CULLEREDO



Outro ano máis comezaron as Mañás de Campamento en Culleredo!!!

- No CEIP Isaac Díaz Pardo


- E no CEIP Ría do Burgo



Os/as participantes están divididos en diferentes grupos para realizar as actividades:

ISAAC DÍAZ PARDO

- DINOSAURIOS
- NEMO
- MINIONS
- POKEMÓN

E no RÍA DO BURGO

- RAYO DE TRUENO
- LOS GUAYS
- LA CHUPIPANDI
- PIRATAS DEL CARIBE

Mañá colgaremos as fotos dos impresionantes carteis que fixeron!!!

No referente as actividades, estes días xa fixeron QUICK GAMES (xogos en inglés), O NOSO CLOWN (malabares), XOGOS POPULARES e XOGOS CON BALÓN.

E o longo dos próximos días (xoves e venres) farán as seguintes actividades:
- MEGA XOGO
- DECO ART (obradoiro de manualidades)
- CÁNTAME UN CONTO (xogos de cantar e bailar)
- XOGOS DE RELEVO

So esperamos que mellore un pouco o tempo para disfrutar un pouco mais dos exteriores das instalación e do entorno.

Saúdos Familias!!!